---------------------

miércoles, 29 de febrero de 2012

TRABALLAMOS COS NOSOS DEDOS!

A motricidade fina fai referencia a movementos voluntarios moi precisos, que implican pequenos grupos de músculos e que requiren unha boa coordinación. Hoxe explotamos burbullas de plástico e rasgamos papel de xornal cos dedos índice e polgar, para favorecer o desenvolvemento da motricidade fina. Outras actividades que podedes levar a cabo cos vosos fillos para traballar a destreza manual serían:
rasgar papel de periódico cos dedos, facer boliñas de papel, modelar con barro e plastilina, amasar con pasta de sal, fariña…, recortar coas tesoiras, atar  cordóns, abotoar e desabotoar botóns, enroscar e desenroscar tapadeiras de botes ou botellas, pegar pegatinas, prender a roupa, pintar co pincel, facer puzzles e construccións (con pezas pequenas). Animádevos!!








jueves, 9 de febrero de 2012

PRIMEIRO CUMPLE DO ANO 2012

AMORODOSS.....

Esta semana tivemos de novo froita para tódolos nenos/as do cole. Onte comemos case unha caixa enteira (2 kg) de amorodos, que ben ulían!, e que ricos estaban...!

                                                        









jueves, 26 de enero de 2012

IF YOU ARE HAPPY

 En clase de inglés estamos aprendiendo la canción "If you are happy", así practicamos distintas acciones mientras cantamos y nos divertimos. Esperamos que os guste!.

ESPERANDO O RATIÑO PÉREZ!!!

Estes días o ratiño Pérez ten moito traballo, a moitos nenos/as de 5-6 anos caenlle os dentes de leite, como é o caso de Iker e Lucía. Que ben!, os elefantes xa se fan maiores.

                                                         








martes, 17 de enero de 2012

LEMBRANZAS DO NADAL

O Nadal xa quedou atrás e o ano 2011 tamén. A visita dos Reis Magos estusiasmou a tódolos nenos/as. Espero que desfrutedes con este video!.