---------------------

jueves, 27 de octubre de 2011

Preparámonos para a festa do Samaín

Xa estamos preparados para a festa!!!!!!!!! Mañá celebramos "O Samaín". 
Os elefantes estamos moi entusiasmados. 
Hoxe rematamos as máscaras, cantamos cancións do samaín, bailamos...
Unha destas cancións é: "Corre, corre cabaziña", de Almudena Janeiro:


miércoles, 26 de octubre de 2011

RELAXACIÓN

Ós elefantes gústalles moito relaxarse coas caixiñas de música. Temos dúas na aula, unha delas ten a melodía da canción "Yesterday", dos Beatles, a outra é un vals titulado "Que será, será...".
















A continuación podedes escoitar as cancións. Os elefantes encántanlles...

domingo, 23 de octubre de 2011

MARIONETAS FEITAS CON TÉMPERAS

No mes de setembro fixemos marionetas con témperas de distintas cores. Foi moi sinxelo, os pasos a seguir foron:
1º Dobramos un folio a metade.
2º Eleximos as cores.
3º Botamos a pintura no folio.
4º Dobramos de novo o folio, pasando a man por enriba para esparexer a pintura.
5º Abrimos o folio e xa temos a nosa pequena obra de arte!














sábado, 8 de octubre de 2011