---------------------

jueves, 24 de noviembre de 2011

TAREFAS DE ENCARGADOS.

Cada día temos na aula un encargado/a, responsable na realización de distintas tarefas, unha delas é escribir  no encerado o seu nome e debuxarse a sí mesmo. Deste xeito poderemos ver a evolución do esquema corporal e da grafía nos nenos e nenas. Esperamos que vos guste!!

 

lunes, 7 de noviembre de 2011

"VIVAN AS CASTAÑAS"

Ya faltan poucos días para celebrar o "Magosto"!. Os elefantes están preparándose para a festa. Estamos engordando castañas con papel de xornais para decorar o pasillo e algunha cousiña máis...







Unha canción de castañas


jueves, 3 de noviembre de 2011

FESTA DO SAMAÍN

O venres 28 de outubro celebrámola festa do SAMAÍN. Neste vídeo recollemos os momentos máis importantes:

.

jueves, 27 de octubre de 2011

Preparámonos para a festa do Samaín

Xa estamos preparados para a festa!!!!!!!!! Mañá celebramos "O Samaín". 
Os elefantes estamos moi entusiasmados. 
Hoxe rematamos as máscaras, cantamos cancións do samaín, bailamos...
Unha destas cancións é: "Corre, corre cabaziña", de Almudena Janeiro:


miércoles, 26 de octubre de 2011

RELAXACIÓN

Ós elefantes gústalles moito relaxarse coas caixiñas de música. Temos dúas na aula, unha delas ten a melodía da canción "Yesterday", dos Beatles, a outra é un vals titulado "Que será, será...".
















A continuación podedes escoitar as cancións. Os elefantes encántanlles...

domingo, 23 de octubre de 2011

MARIONETAS FEITAS CON TÉMPERAS

No mes de setembro fixemos marionetas con témperas de distintas cores. Foi moi sinxelo, os pasos a seguir foron:
1º Dobramos un folio a metade.
2º Eleximos as cores.
3º Botamos a pintura no folio.
4º Dobramos de novo o folio, pasando a man por enriba para esparexer a pintura.
5º Abrimos o folio e xa temos a nosa pequena obra de arte!














sábado, 8 de octubre de 2011