---------------------

lunes, 7 de mayo de 2012

DÍA DA NAI

Esperamos que que vos gustasen os agasallos que fixeron os vosos fillos/as. Elaboráronos con moita ilusión e agarimo. PARABÉNS MAMIS!!















miércoles, 2 de mayo de 2012

SAÍDA Ó AUDITORIO


O martes 24 de abril fomos ver ó auditorio de Cangas a obra de teatro Pinocchio. Pasámolo moi ben, aínda que tivemos que esperar moito tempo para volver o noso cole.























oo

viernes, 9 de marzo de 2012

CONTO: "PULGA E O XIGANTE".

O conto é unha das bases para o desenvolvemento intelectual do neno. Entre as múltiples ventaxas dos contos na vida dos vosos fillos serían:
  • Escoitar contos fai que os nenos sexan máis reflexivos, xa que neles sempre atoparemos unha mensaxe que os leve a comprender a forma en que deben actuar e comportarse, a saber distinguir entre o bo e o malo.
  • Axúdalle a combatir os seus propios temores.
  • Estimula a súa memoria e as súas ganas de expresarse.
  • Desenvolve e amplían as capacidades de percepción e comprensión do neno.
  • Amplían a súa sensibilidade.
  • O neno séntese feliz porque os seus pais están ó seu carón, dedicándolle un tempo para atendelo e mimalo.
  • O neno aprende máis palabras, o seu vocabulario é máis amplo e este aspecto axudaralle moitísimo posteriormente, porque poderá ler moito mellor.
  • Os nenos cuxos pais lles len contos a miudo, saben escoitar e por atención, elementos moi necesarios para unha boa aprendizaxe.
  • É unha medida moi efectiva para tranquilizar ós nenos, sobre todo cando os vemos moi inquedos e/ou ansiosos.
A continuación podedes ver os debuxos que fixeron os nenos a partir do conto "Pulga e Xigante".


RAINBOW!

Onte tocounos repasar as cores e o fixemos recordando a canción do "Rainbow"
(Arco da Vella).
Gústanos moito esta canción porque fomos disfrazados de Rainbow no Entroido...
Bye Bye!!!

martes, 6 de marzo de 2012

ALMORZO NO COLE

Onte  almorzamos no comedor do cole. O menú foi o seguinte: pera, galletas con manteiga e leite con cacao. Aprendimos moito sobre as dietas equilibradas e saudables coa roda dos alimentos. Tomasita ensinounos a cepillar os dentes, -moi importante para non ter caries-.