---------------------

miércoles, 29 de febrero de 2012

TRABALLAMOS COS NOSOS DEDOS!

A motricidade fina fai referencia a movementos voluntarios moi precisos, que implican pequenos grupos de músculos e que requiren unha boa coordinación. Hoxe explotamos burbullas de plástico e rasgamos papel de xornal cos dedos índice e polgar, para favorecer o desenvolvemento da motricidade fina. Outras actividades que podedes levar a cabo cos vosos fillos para traballar a destreza manual serían:
rasgar papel de periódico cos dedos, facer boliñas de papel, modelar con barro e plastilina, amasar con pasta de sal, fariña…, recortar coas tesoiras, atar  cordóns, abotoar e desabotoar botóns, enroscar e desenroscar tapadeiras de botes ou botellas, pegar pegatinas, prender a roupa, pintar co pincel, facer puzzles e construccións (con pezas pequenas). Animádevos!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario