CUMPLE DE CARLA.
lunes, 9 de julio de 2012
lunes, 7 de mayo de 2012
DÍA DA NAI
Esperamos que que vos gustasen os agasallos que fixeron os vosos fillos/as. Elaboráronos con moita ilusión e agarimo. PARABÉNS MAMIS!!
miércoles, 2 de mayo de 2012
SAÍDA Ó AUDITORIO
O martes 24 de abril fomos ver ó auditorio de Cangas a obra de teatro Pinocchio. Pasámolo moi ben, aínda que tivemos que esperar moito tempo para volver o noso cole.
oo
miércoles, 4 de abril de 2012
viernes, 9 de marzo de 2012
CONTO: "PULGA E O XIGANTE".
O conto é unha das bases para o desenvolvemento intelectual do neno. Entre as múltiples ventaxas dos contos na vida dos vosos fillos serían:
- Escoitar contos fai que os nenos sexan máis reflexivos, xa que neles sempre atoparemos unha mensaxe que os leve a comprender a forma en que deben actuar e comportarse, a saber distinguir entre o bo e o malo.
- Axúdalle a combatir os seus propios temores.
- Estimula a súa memoria e as súas ganas de expresarse.
- Desenvolve e amplían as capacidades de percepción e comprensión do neno.
- Amplían a súa sensibilidade.
- O neno séntese feliz porque os seus pais están ó seu carón, dedicándolle un tempo para atendelo e mimalo.
- O neno aprende máis palabras, o seu vocabulario é máis amplo e este aspecto axudaralle moitísimo posteriormente, porque poderá ler moito mellor.
- Os nenos cuxos pais lles len contos a miudo, saben escoitar e por atención, elementos moi necesarios para unha boa aprendizaxe.
- É unha medida moi efectiva para tranquilizar ós nenos, sobre todo cando os vemos moi inquedos e/ou ansiosos.
RAINBOW!
Onte tocounos repasar as cores e o fixemos recordando a canción do "Rainbow"
(Arco da Vella).
Gústanos moito esta canción porque fomos disfrazados de Rainbow no Entroido...
Bye Bye!!!
(Arco da Vella).
Gústanos moito esta canción porque fomos disfrazados de Rainbow no Entroido...
Bye Bye!!!
martes, 6 de marzo de 2012
ALMORZO NO COLE
Suscribirse a:
Entradas (Atom)